xoves, 14 de maio de 2026
luns, 27 de abril de 2026
Onte, hoxe, mañá e sempre: o agro.
Na nosa radio escolar "Foxo nas Ondas" seguimos a vivir experiencias que deixan pegada. Nesta ocasión, queremos compartir con toda a comunidade educativa a realización dun podcast moi especial centrado no agro, temática do proxecto de centro deste curso.
Para este programa tivemos a sorte de contar cunha convidada moi especial: Sinelia, a avoa de dúas das nosas alumnas, unha auténtica labrega que nos falou en primeira persoa da súa vida no campo, dos saberes tradicionais e da importancia de coidar a terra. Foi unha conversa chea de aprendizaxes, emoción e conexión coas nosas raíces.
Esta actividade enmárcase dentro do programa Ponte nas Ondas, que nos brindou a oportunidade de participar nunha xornada de radio en directo xunto con outros centros educativos. O evento tivo lugar o pasado 24 de abril, na Facultade de Xornalismo da USC, nun ambiente profesional que nos fixo sentir verdadeiros comunicadores e comunicadoras.
O podcast foi conducido pola profe Marta, cooridnadora do programa no centro, que xunto co alumnado de 5º (recompiladorxs de sons) e o de 6º (recompladorxs de poemas e da histria do agro), crearon un programa con moita ilusión e fixeron que todo fluíse de xeito natural e enrriquecedor.
Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible que reforza o valor da radio escolar como ferramenta educativa e de expresión. Seguimos aprendendo, creando podcast e dando voz ás historias que importan.
Velaquí o directo:
https://www.youtube.com/watch?v=IWgl2lKEsMA
venres, 6 de marzo de 2026
martes, 3 de marzo de 2026
xoves, 18 de decembro de 2025
martes, 16 de decembro de 2025
sábado, 13 de decembro de 2025
xoves, 11 de decembro de 2025
mércores, 25 de xuño de 2025
martes, 24 de xuño de 2025
Entrevista a Xulia Feixoo
O alumnado de 5º de educación primaria realizou unha entrevista á etnomusicóloga Xulia Feixoo co obxectivo de recadar información sobre que é unha recollida.
Son os primeiros pasos dun traballo que leva por título Fotoliada e que consiste na recompilación de fotografías antigas, pertencentes ao arquivo famniliar e a súa asociación coas coplas de tradición oral.
xoves, 15 de maio de 2025
Un pobo que canta nunca morre
"Un pobo que canta nunca morre" é o podcast que homenaxea ás cantareiras, é dicir, a todas esas mulleres que nos transmitiron e que nos transmiten as cantareas da vida cotiá: as nosas avoas, as nosas veciñas, as pandereteiras homenaxeadas neste ano 2025...O audio fo realizado polo alumnado de 5º de Educación do CEIP do Foxo.
As alumnas, dirixidas pola profe de música, investigaron sobre a historia das cantareiras e elaboraron unha guía resaltando os puntos máis relevantes. Tamén recompilaron cantigas e elaboraron regueifas e lanzáronse a cantar un canto de cego, un traballo enmarcado dentro do proxecto anual do cole que leva por título ENFOXARTE.
No podcast inclúen tamén unha xoia, unha gravación cedida por Xermán de COUSO de unha cantareira, veciña de Lamas, falando sobre os mociños do Foxo, falan cunha etnomusicóloga e citan verbas da poeta estradense Susana Sánchez Aríns.
Inclúe música de Leilía, Fuxan os Ventos, Faia Díaz e Baiuca.
https://go.ivoox.com/rf/146782214
luns, 5 de febreiro de 2024
NO FOXO COIDAMOS DO NOSO
Teoría do Xogo. Luísa Villalta.
Podcast realizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria
Como se fixo o podcast?
Día mundial da radio no Ceip do Foxo
A Lagoa Sacra de Olives
Palabras para Rosa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Podcast realizado por Lía Iglésias Bascuas.
-
Foto pertencente ao arquivo familiar de Xabier Taberna Calvo

