luns, 27 de abril de 2026
Onte, hoxe, mañá e sempre: o agro.
Na nosa radio escolar "Foxo nas Ondas" seguimos a vivir experiencias que deixan pegada. Nesta ocasión, queremos compartir con toda a comunidade educativa a realización dun podcast moi especial centrado no agro, temática do proxecto de centro deste curso.
Para este programa tivemos a sorte de contar cunha convidada moi especial: Sinelia, a avoa de dúas das nosas alumnas, unha auténtica labrega que nos falou en primeira persoa da súa vida no campo, dos saberes tradicionais e da importancia de coidar a terra. Foi unha conversa chea de aprendizaxes, emoción e conexión coas nosas raíces.
Esta actividade enmárcase dentro do programa Ponte nas Ondas, que nos brindou a oportunidade de participar nunha xornada de radio en directo xunto con outros centros educativos. O evento tivo lugar o pasado 24 de abril, na Facultade de Xornalismo da USC, nun ambiente profesional que nos fixo sentir verdadeiros comunicadores e comunicadoras.
O podcast foi conducido pola profe Marta, cooridnadora do programa no centro, que xunto co alumnado de 5º (recompiladorxs de sons) e o de 6º (recompladorxs de poemas e da histria do agro), crearon un programa con moita ilusión e fixeron que todo fluíse de xeito natural e enrriquecedor.
Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible que reforza o valor da radio escolar como ferramenta educativa e de expresión. Seguimos aprendendo, creando podcast e dando voz ás historias que importan.
Velaquí o directo:
https://www.youtube.com/watch?v=IWgl2lKEsMA
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Onte, hoxe, mañá e sempre: o agro.
Na nosa radio escolar "Foxo nas Ondas" seguimos a vivir experiencias que deixan pegada. Nesta ocasión, queremos compartir con toda...
-
Podcast realizado por Lía Iglésias Bascuas.
-
"Un pobo que canta nunca morre" é o podcast que homenaxea ás cantareiras, é dicir, a todas esas mulleres que nos transmitiron e qu...
-
Podcast realizado por Andrea Rodríguez Pereiras e o seu avó.