xoves, 15 de maio de 2025
Un pobo que canta nunca morre
"Un pobo que canta nunca morre" é o podcast que homenaxea ás cantareiras, é dicir, a todas esas mulleres que nos transmitiron e que nos transmiten as cantareas da vida cotiá: as nosas avoas, as nosas veciñas, as pandereteiras homenaxeadas neste ano 2025...O audio fo realizado polo alumnado de 5º de Educación do CEIP do Foxo.
As alumnas, dirixidas pola profe de música, investigaron sobre a historia das cantareiras e elaboraron unha guía resaltando os puntos máis relevantes. Tamén recompilaron cantigas e elaboraron regueifas e lanzáronse a cantar un canto de cego, un traballo enmarcado dentro do proxecto anual do cole que leva por título ENFOXARTE.
No podcast inclúen tamén unha xoia, unha gravación cedida por Xermán de COUSO de unha cantareira, veciña de Lamas, falando sobre os mociños do Foxo, falan cunha etnomusicóloga e citan verbas da poeta estradense Susana Sánchez Aríns.
Inclúe música de Leilía, Fuxan os Ventos, Faia Díaz e Baiuca.
https://go.ivoox.com/rf/146782214
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Os Báscuas Trigo
Podcast realizado por Lía Iglésias Bascuas.
-
Foto pertencente ao arquivo familiar de Xabier Taberna Calvo
-
Podcast realizado por Lía Iglésias Bascuas.
-
"Un pobo que canta nunca morre" é o podcast que homenaxea ás cantareiras, é dicir, a todas esas mulleres que nos transmitiron e qu...