martes, 24 de xuño de 2025

Cada canto un retrato

Podcast de Camila Cañedo Sande

Entrevista a Xulia Feixoo

O alumnado de 5º de educación primaria realizou unha entrevista á etnomusicóloga Xulia Feixoo co obxectivo de recadar información sobre que é unha recollida. Son os primeiros pasos dun traballo que leva por título Fotoliada e que consiste na recompilación de fotografías antigas, pertencentes ao arquivo famniliar e a súa asociación coas coplas de tradición oral.

xoves, 15 de maio de 2025

Un pobo que canta nunca morre

"Un pobo que canta nunca morre" é o podcast que homenaxea ás cantareiras, é dicir, a todas esas mulleres que nos transmitiron e que nos transmiten as cantareas da vida cotiá: as nosas avoas, as nosas veciñas, as pandereteiras homenaxeadas neste ano 2025...O audio fo realizado polo alumnado de 5º de Educación do CEIP do Foxo. As alumnas, dirixidas pola profe de música, investigaron sobre a historia das cantareiras e elaboraron unha guía resaltando os puntos máis relevantes. Tamén recompilaron cantigas e elaboraron regueifas e lanzáronse a cantar un canto de cego, un traballo enmarcado dentro do proxecto anual do cole que leva por título ENFOXARTE. No podcast inclúen tamén unha xoia, unha gravación cedida por Xermán de COUSO de unha cantareira, veciña de Lamas, falando sobre os mociños do Foxo, falan cunha etnomusicóloga e citan verbas da poeta estradense Susana Sánchez Aríns. Inclúe música de Leilía, Fuxan os Ventos, Faia Díaz e Baiuca. https://go.ivoox.com/rf/146782214

Os Báscuas Trigo

Podcast realizado por Lía Iglésias Bascuas.